CRTVG

Buscar

Hospitalizado logo de autolesionarse o acusado de matala muller e a filla en Esplugues de Llobregat

Publicado o 06/01/2020 20:09

O mozo ten 27 anos e é o suposto autor da morte da súa muller de 28 e da súa filla de 3 anos no domicilio que presuntamente compartían na localidade barcelonesa de Esplugues de Llobregat.
Sobre o detido e presunto responsable do dobre crime o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña informou de que está hospitalizado logo de autolesionarse e que podería pasar a disposición xudicial nos próximos días. As mesmas fontes confirmaron que non hai antecedentes xudiciais de violencia entre a parella e decretou o segredo das actuacións. Desde o concello de Esplugues condena ao crime e tres días de loito oficial. Aberta xa a investigación, todo apunta que este dobre homicidio, podería ser o primeiro crime de violencia machista en España do 2020. O 2019 pechouse con 55 mulleres asasinadas polas mans das súas parellas ou exparellas.











 

Noticias web

06/01/2020