CRTVG

Buscar

Hospitalizada unha rapaza de 17 anos en Valencia despois de que o mozo a golpeara cun pau por todo o corpo

Publicado o 19/08/2019 11:01

 Un mozo de 21 anos foi detido na localidade valenciana de Torrent por darlle presuntamente unha malleira cun pau á súa parella, unha menor de 17 anos. Un familiar da rapaza avisou a Policía Local. A mociña recibiu golpes por todo o corpo e foi trasladada ao hospital. O detido levárono a dependencias da Policía Nacional e posteriormente pasou a disposición xudicial. Ten antecedentes penais e unha orde de afastamento do padrasto da menor.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/08/2019