CRTVG

Buscar

Hospitalizada unha moza de Vigo tras sufrir un accidente cunha moto náutica

Publicado o 27/07/2020 16:05

Unha rapaza tivo que ser hospitalizada en Vigo logo de sufrir onte un accidente coa moto náutica que manexaba. Un suces que alerta da necesidade de tomar todo tipo de precaucións con este tipo de aparellos.

O accidente produciuse á última hora da tarde unha rapaza resultou ferida ao bater a moto de auga en que viaxaba con esta ponte que vai á illa de Toralla. Unha embarcación privada axudou a socorrer a parella que viaxaba na moto e sacounos da auga antes de que chegaran os servizos de emerxencias. A rapaza tivo que ser ingresada no Álvaro Cunqueiro con feridas de diversa consideración. Este accidente pon de manifesto unha vez máis a necesidade de extremar as precaucións neste tipo de embarcacións.

A mala sorte ou a imprudencia estarían na orixe do accidente dunha moto náutica que bateu contra un dos piares da ponte que une a illa de Toralla coa península. Dúas persoas navegaban na embarcación, e a rápida actuación duns particulares ao sacalos da auga evitou unha desgraza aínda maior. Co verán prolifera a actividade das motos de auga, que de por si non son perigosas.

As motos náuticas teñen detractores e defensores a partes iguais. Segundo a nova titulación, a partir dos 16 anos pódese sacar o permiso de navegación. Pero, segundo os expertos, iso non é dabondo.


 

Noticias web

27/07/2020