CRTVG

Buscar

Hospitalizada na Coruña tras caer co seu coche na praia de Razo

Publicado o 07/08/2021 21:45

Na praia de Razo un coche acabou no areal por un descoido da súa condutora que tivo que ser trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña

Todo aconteceu a pasada noite cando a muller de 24 anos subiu ao turismo que permanecía aparcado na contorna. Arrancouno coa primeira marcha posta e cando se deu conta xa non puido evitar que caera polo desnivel duns seis metros. Esta mañá o vehículo puido ser retirado.

 

Noticias web

07/08/2021