CRTVG

Buscar

Reabre a sala de partos do hospital de Verín con dous pediatras

Publicado o 03/02/2020 08:49

Coa incorporación dunha pediatra ao cadro do hospital de Verín, está mañá reabría o servizo de partos e púñase en marcha o de urxencias pediátricas, co apoio doutro especialista de garda.

Unha medida que puxo fin aos 63 días de encerro da Comisión Delegada e da Plataforma en Defesa da Sanidade Pública, que celebraron o éxito das mobilizacións e a volta, din, á normalidade, coa advertencia de que seguirán vixiantes. A xerente do Hospital tamén se amosou satisfeita pola resolución do conflito e subliñou que nais e bebés teñen todas as garantías no hospital de Verín.

 

Noticias web

03/02/2020