CRTVG

Buscar

Horas de tregua entre borrascas para facer reconto dos danos

Publicado o 04/03/2020 14:20

O tempo deu unha pequena tregua en España que está servindo para facer reconto dos estragos que deixaron os últimos temporais. Serán só unhas horas, á espera de que esta noite chegue outra borrasca polo Atlántico que vai afectar de novo boa parte da península.

Os bombeiros comezaron esta mañá a retirar o guindastre de doce andares que o vento derrubou onte á tarde en Barakaldo.

Refachos de máis de 160 quilómetros hora botárono abaixo e obrigaron a desaloxar máis de sesenta familias de dous edificios.

A pesar de que era media tarde cando o guindastre caeu, non houbo feridos.

Nos lugares castigados polas borrascas destes ultimos días, estase aproveitanto esta pequena tregua no tempo para facer un reconto dos estragos e coa mirada posta xa na nova fronte que esta noite entra polo Atlántico e que trae de novo chuvia e refachos de vento a boa parte da península.

Noticias web

04/03/2020