CRTVG

Buscar

Hondarribia gaña nunha xornada na que os galegos se afastan do descenso

Publicado o 31/07/2021 20:58

A araña do Guggenheim representa fortaleza pero tamén fraxilidade. Esa fortaleza que demostraron os remeiros de Tirán, capaces de gañar a súa quenda, de sobrepoñerse á rotura dun remo. A fraxilidade dunha voz crebada como a do seu patrón despois de tantos paus.

Os tres galegos da ACT foron da man. Tirán deu un paso para afastarse do descenso directo, foi oitava. Sétima Cabo, un segundo mellor que os de Moaña. E noveno posto para Ares mantendo a raia a zona de perigo. Unha obra de arte foi a regata de Hondarribia. Conseguiu o seu quinto triunfo nun campo de regatas que coñece á perfección e achégase na xeral a só catro puntos de Santurtzi. Mañá toca unha lotaría, a que determine o sorteo de boias fronte á ponte colgante de Portugalete.


 

Noticias web

31/07/2021