CRTVG

Buscar

Homenaxean as mariscadoras dos Praceres que se enfrontaron ao exército hai 60 anos

Publicado o 17/02/2019 22:56

Hai 60 anos, 14 mulleres foron detidas por opoñerse ao recheo na ría de Pontevedra, nos Praceres, e á chegada da actual Ence. Vían ameazado o seu medio de vida, o marisqueo, e enfrontáronse ao exército. Agora, entre homenaxes, fálannos da súa valentía. 

Era febreiro de 1959 e as mariscadoras dos Praceres opoñíanse ao recheo de Ence, en Pontevedra. Erundina era unha desas mulleres e lembra como se enfrontaron ao exército.

Catorce mulleres foron detidas e encarceradas como consecuencia das protestas. Erundina estaba embarazada. Sesenta anos despois, estas mulleres foron homenaxeadas pola súa loita e defensa das praias.

Unha placa, na praia dos Praceres, lembra a xesta desta mulleres.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2019