Homenaxean a Maradona na Coruña cun mosaico 'do 10' con cubos de Rubik
Publicado o 27/11/2020 17:00
Así deste particular xeito o campión do mundo Ernesto Fernández fixo o primeiro mosaico con cubos de Rubik despois do pasamento do Pelusa. Máis de 1.000 pezas fixeron falta para completar esta impresionante obra, que se manterá exposta ata o próximo 5 de decembro.
Empregaron cubos máis pequenos do habitual. Trátase dun formato chaveiro. Esta tenda ten as portas abertas para quen queira acudir e fotografarse con esta curiosa creación para render tributo ao crack arxentino.