Homenaxe na Merca en recordo do concelleiro asasinado Miguel Ángel Blanco
Publicado o 11/07/2020 21:31
Cúmprense 23 anos do secuestro e o asasinato do concelleiro popular en Ermua, Miguel Ángel Blanco, a mans da ETA. No cemiterio de Faramontaos, no concello ourensán da Merca, viamos esta tarde ramos de flores sobre a súa lápida.
Membros do Partido Popular de Ourense acompañados por parte da familia rendéronlle xa unha homenaxe para lembrar o seu tráxico final que conmocionou a toda a sociedade española.