CRTVG

Buscar

Homenaxe en Vigo ás vítimas de accidentes de tráfico

Publicado o 17/11/2019 13:58

As tráxicas cifras nas estradas lémbrase con motivo do Día das Vítimas de Accidentes de Tráfico. O ano pasado faleceron 1.180 persoas en accidentes.

Detrás de cada perda humana hai unha familia vítima das estradas.


En Vigo moteiros e ciclistas realizaron unha ruta e participaron nunha ofrenda floral na que gardaron un minuto de silencio en recordo das vítimas de accidentes de tráfico. Queren concienciar a xente e máis educación viaria.

Reducir ao 50% o número de vítimas é o obxectivo para o 2020. Os colectivos máis vulnerables son os peóns, os ciclistas e os motoristas.

Noticias web

17/11/2019