CRTVG

Buscar

Homenaxe en Vigo aos fuxilados durante o franquismo

Publicado o 27/08/2021 15:09

Para o líder dos socialistas galegos, homenaxear as vítimas do franquismo é unha forma de construír a recuperación da memoria democrática.

Gonzalo Caballero, que segue sen pronunciarse sobre asuntos internos do seu partido, participou en Vigo xunto a Abel Caballero nun acto en homenaxe aos alcaldes fusilados durante o franquismo, organizado dende o Concello.

"Instamos a todo o país a poñer en valor os defensores da democracia das liberdades na II República e a defender a reconstrución do que ser unha memoria con xustiza social e unha memoria histórica que faga xustiza con aqueles represaliados con aquelas vítimas do franquismo", dixo o líder do PSdeG. 
 

 

Noticias web

27/08/2021