Homenaxe en San Sadurniño a un garda civil asasinado pola ETA hai 35 anos
Publicado o 03/08/2020 13:39
A Garda Civil de San Sadurniño rendeulle hoxe unha homenaxe ao cabo Fernando Amor Calvo, asasinado pola banda terrorista ETA hai 35 anos.
De alí procedía a súa familia materna e alí foron soterrados no seu día os seus restos mortais. Ao sepelio acudiran daquela 2.000 persoas.
Fernando Amor morreu cando intentaba desartellar unha bomba que os etarras colocaran nun bar da localidade arabesa de Luyando.
A subdelegada do Goberno na Coruña e o coronel xefe da comandancia desa provincia encabezaron o acto deste mediodía.