CRTVG

Buscar

Homenaxe en toda España ás vítimas da violencia viaria

Publicado o 17/11/2019 21:31

O ano pasado morreron nas estradas españolas 1.806 persoas, unha media de cinco falecidos ao día.

803 vítimas corresponden aos colectivos máis vulnerables: motociclistas, ciclistas e peóns... Detrás das cifras, quedan familias rotas e vidas truncadas das que se quixeron lembrar, hoxe especialmente, con actos organizados por Stop Accidentes.

"A miña filla tiña 21 anos e faleceu hai 9 meses estaba a cruzar un paso de peóns. Comezou a pasar, estaba unha furgoneta parada pero veu outro coche que ía a máis de 80 quilómetros por hora nunha zona de 40 e levouna por diante", di Conchi Hernández, nai dunha vítima mortal nun atropelo

Silvia, a filla de Conchi, é unha das homenaxeadas neste domingo, Día Mundial en Lembranza das Vítimas da Violencia Viaria.

Desde a Dirección xeral de Tráfico apelan á responsabilidade dos condutores no cumprimento das normas.

"Había 56.000 condenas penais por conducir con altas taxas de alcolemia e todos sabemos que se bebiches non se pode conducir e seguimos tendo o uso do whatsapp comoprimeira causa de falecemento e todos sabemos que non podemos usalo cando conducimos", dixo Pere Navarro, director xeral de Tráfico.

"Nós non temos especial interese en que a xente vai ao cárcere pero si que as penas sexan xustas e que se cumpran", asegurou Gema Sánchez, delegada de Stop Accidentes en Madrid.

En Vigo, moteiros e ciclistas realizaron unha ruta e participaron nunha ofrenda floral en que gardaron un minuto de silencio.

"É un día para facer visible ese drama e que todos deberiamos ser responsables no noso comportamento no tráfico", segundo Jeanne Picard, delegada de Stop Accidentes en Galicia.

"Nós perdemos a nosa filla hai 8 anos e unímonos a estas campañas para sensibilizar, se chegamos a un corazonciño posiblemente salvemos unha vida", dixo un familiar dunha vítima mortal nun accidente de tráfico.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019