CRTVG

Buscar

Homenaxe en Chantada a don Pegerto, 50 anos de párroco de Brigos

Publicado o 31/03/2019 22:00

Chega don Pegerto, como o chaman todos, á igrexa chantadina de Brigos, onde leva cincuenta anos de párroco. Os seus fregueses réndenlle unha hbomenaxe que acepta con humildade.

Fundador do instituto de Chantada, onde tamén foi profesor de relixión, recoñece que o despoboamento do rural tamén se aprecia na Igrexa. A falta de vocacións e o seu traballo como arcipreste desde hai corenta e nove anos fixo que nalgún momento chegara a ocuparse de vinte e catro parroquias.

Durante vinte anos tamén foi veciño desta parroquia chantadina e hoxe, cando celebra as vodas de ouro como párroco, os veciños de novo encheron o templo para manifestarlle todo o agarimo que senten por el.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/03/2019