CRTVG

Buscar

Homenaxe das forzas de seguridade ao persoal sanitario na Coruña

Publicado o 26/03/2020 21:11

A cita foi a primeira hora da tarde. Fronte a fronte os custodios da saúde e a orde pública. E un berro único en nome de toda a sociedade.

Os bombeiros foron os últimos que se incorporaron á caravana da homenaxe aos profesionais sanitarios. Axentes das policías local e nacional, da garda civil e membros de protección civil visitaron o CHUAC para agradecer o labor dos profesionais da sanidade pública.

Non houbo que esperar ao aplauso das oito da tarde. Desta volta foron os balcóns de todas as plantas do Hospital Universitario da Coruña os que se encheron de aplausos e berros de agradecemento. Tamén a pé de rúa.

Minutos despois disolveuse a homenaxe e todos volveron á crúa realidade do día a día.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/03/2020