CRTVG

Buscar

Homenaxe da Policía Local ao persoal sanitario de Lugo

Publicado o 26/03/2020 16:56

Emotiva homenaxe a que onte brindaron ao persoal sanitario os axentes da Policía Local de Lugo.

A pesar do intenso traballo que realizan estes días debido ao estado de alarma, os axentes buscaron un momento para achegarse ata o Hospital Universitario Lucus Augusti e homenaxear o persoal sanitario, e ás oito da tarde varias patrullas presentáronse na porta de Urxencias.
Un grupo de profesionais do centro hospitalario saíu ao exterior para devolver os aplausos aos axentes da Policía Local. Houbo, pois, intercambio de agrademento e recoñecemento ao importante labor que todos desempeñan. E tras os aplausos, coches patrulla e ambulancias fixeron soar as súas sirenas.

 

Noticias web

26/03/2020