CRTVG

Buscar

Homenaxe con música aos sanitarios no Hospital do Salnés

Publicado o 25/03/2020 14:31

Ao son do tema do Duo Dinámico Resistiré, que xa se converteu no himno desta crise do coronavirus, os membros das forzas de seguridade e os servizos de emerxencias do Salnés rendéronlles a súa particular homenaxe aos sanitarios pola súa loita contra a pandemia.

Nun xesto que xa se está viralizando, achegáronse onte á tarde ata o hospital do Salnés para brindarlles o seu apoio nesta dura loita que libran contra o virus.

Noticias web

25/03/2020