Homenaxe aos falecidos pola covid-19 con 53.000 bandeiras en Alboraia
Publicado o 04/10/2020 15:06
E así amenceu hoxe a praia de Patacona, en Alboraia, Valencia. 53.000 bandeiras de España no areal en homenaxe ás persoas que faleceron como consecuenvia da covid-19.
É unha iniciativa da Asociación Nacional de Vítimas e afectados polo coronavirus, que a semana pasada tamén encheu de bandeiras o parque de Roma en Madrid. Son unhas accións coas que, segundo din, queren loitar contra o esquecemento.