CRTVG

Buscar

Homenaxe anual no Congreso ás vítimas do terrorismo con varias ausencias

Publicado o 27/06/2020 15:04
Homenaxe anual no Congreso ás vítimas do terrorismo con varias ausencias


O Congreso dos deputados acolleu este sábado a homenaxe ás vítimas do terrorismo que se celebra todos os anos, e que desta vez rexistrou algunhas ausencias.

A asociación de vítimas do terrorismo non acudiu ao acto aludindo ao recoñecemento político que se lle fai a EH Bildu, mentres que a vicepresidenta da Fundación de Vítimas do Terrorismo, que si estivo presente, pediu que non recoñecese como actores políticos os que non condenan o terrorismo.

Noticias web

27/06/2020