CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Homenaxe a obra de Castelao "Alba de Gloria", 70 anos despois da súa presentación na Arxentina

Publicado o 22/07/2018 15:14
Cúmprense 70 anos da presentación na Arxentina do 'Alba de Gloria', o discurso máis importante do intelectual galeguista Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para honrar a Galicia no seu día grande. Coñecemos máis sobre esa obra e escoitamos algúns fragmentos na voz dos alumnos do Instituto Arxentino Galego Santiago Apóstol de Bos Aires.


E xa difícil atopar aquí en Bos Aires algún galego que estivera no hoxe desaparecido Teatro Arxentino aquel 25 de xullo de 1948 cando Castelao pronunciou o seu célebre "Alba de Gloria", unha das pezas fundamentais da oratonia en lingua galega. A 70 anos da súa estrea o texto segue a reflectir o sentir de moitos dos nosos emigrantes pola súa patria galega.

Escrito en Marsella, Francia, antes de emigrar a América, Alba de Gloria é o cume discursivo de Castelao. Unha prédica de celebración da festa de Santiago, Día da Patria Galega, por ser para o rianxeiro a mellor mostra do universalismo galaico.

Para moitos o discurso ten máis forza por terse pronunciado na emigración.

Manuel Rey non estivo ese día, pero recolleu testemuño da intelectualidade galega da diáspora que sí o escoitou por boca de Castelao, nunha das súas últimas alocucións en Bos Aires.


"Eu tiven a sorte de chegar ó Centro Galego nos anos 60 e que toda esa xente que o rodeou vivía.

Escribiu iso cunha paixón enorme porque as circunstancias tamén eran propicias. Porque ler 'Alba de Gloria' tampouco era para calquera, e podemos dicir que un grupo moi reducido frecuentaba esos actos.

Mozos coma estes, alumnos do Instituo Arxentino Galego Santiago Apóstol son herdeiros dese sentimento de galeguidade forxado na Galicia ideal de Castelao.

"Que eso é o que importa para gañar o futuro".
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí