CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Homenaxe a Neira Vilas

Publicado o 27/11/2017 17:13

Este día tamén será lembrado na cultura galega como o do pasamento de Xosé Neira Vilas. O escritor de Vila de Cruces morría en 2015 deixando simbólicamente orfos 'os nenos labregos'.

Non son Balbino, pero estes nenos quixeron lembrar hoxe a pegada de Neira Vilas no seu maxín. No acto de lembranza que se celebrou este mediodía na sede da Fundación Neira Vilas léronse escritos, amosáronse debuxos e demostrouse que Neira Vilas foi e será un dos principais patrimonios culturais da vila e de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Zigzag Diario

27/11/2017