CRTVG

Buscar

A Revista FDS

Homenaxe a Fran Pérez, Narf, que nos deixou esta semana

Publicado o 20/11/2016 13:53
Esta semana deixounos Fran Pérez, Narf. Un músico que nos ten acompañado en moitas ocasións nesta Revista Fin de Semana e a quen queremos lembrar. Narf, falecía este martes por mor dun cancro. Un dos nosos referentes culturais na música, tanto na composición coma na voz, no teatro, en todas as disciplinas que el fusionaba e mesturaba cunha naturalidade e un talento que facía pensar que era doado.






A derradeira actuación de Fran Pérez, hai menos dun mes en Compostela, foi todo un acto de xenerosidade do artista cara o seu público. Durante dúas noites consecutivas, o músico galego e os Timbila Muzimba artellaron unha festa na que a guitarra de Fran, os ritmos mozambicanos e os aplausos entregados do público foron unha soa pulsión.

Pero Fran Pérez foi ante todo un home de rock. Os seus inicios na música foron cos grupos Quinindiola, Nicho Varullo e sobre todo Psicofónica de Conxo. Todos eles proxectos vinculados ó teatro e a compañía Chévere e nos que a retranca, a crítica social e a experimentación musical ían da man.

Foi pioneiro en cantar a Rosalía con ritmos de rock e jazz xunto o seu trío,formado por Lar legido e Ho chi ming, no libro disco as tardes escuras. Un traballo no que quería amosar a cara máis reivindicativa a revolucionaria da poeta do Sar e que tiña en mente darlle continuidade nun futuro inmediato.

Fran Pérez era feliz no escenario, rasgando a súa guitarra e levando a música galega a terreos descoñecidos nos a súa sensibilidade facía a milagre, Así nolo demostrou ata o final.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista FDS

20/11/2016