CRTVG

Buscar

Homenaxe á figura de Isaac Díaz Pardo polo sétimo aniversario do seu pasamento

Publicado o 13/01/2019 18:58

Este mediodía celebrouse en Santiago de Compostela o cabodano do polifacético Isaac Díaz Pardo, que finou hai sete anos. Personalidades ilustres da cultura auctótona honraron con flores e poemas a obra e figura do intelectual galego.

Santiago acolle a homenaxe a Isaac Díaz Pardo. Celébrase o sétimo aniversario do seu pasamento. O cemiterio de Boisaca acolleu o acto que foi organizado pola Asociación Academia Real Isaac Díaz Pardo e que conduciu a escritora Carmen Blanco.

O evento, que sufriu un pequeno atraso por unha suposta cuestión de permisos, si tivo tempo para a música, para a lectura de poemas e para a celebración dunha ofrenda floral coa que se lembraba a figura deste histórico galeguista, que dedicou toda a súa vida a apoiar e enxalzar a produción e a obra de moitos artistas e escritores galegos do exilio.

Noticias web

13/01/2019