CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía FDS

Homenaxe a Castelao en Nova York, no 75 aniversario da súa estadía na cidade

Publicado o 26/04/2014 14:53

A Universidade pública de Nova York réndelle tributo a Castelao no 75 aniversario da estancia do político galego na cidade dos rañaceos. Castelao durante o tempo que estivo nos Estados Unidos dirixiu os seus esforzos a captar simpatías no país americano para a causa da República española.

Un legado que comeza nesta rúa, que pouco terá que ver coa que viviu Castelao, máis parecida a estoutra. Xa non existe tampouco o Ulker Park de Brooklyn, onde deu o seu primeiro discurso ante milleiros de persoas. A capacidade de convocatoria do de Rianxo deste lado do océano era asombrosa e tiña un porqué.

O Madison Square Garden e 18 estados máis viron o político galego falar en prol da República de Negrín e en contra do golpe do 36. En Nova York escribiu esa segunda parte de Sempre en Galiza, plasmou os Debuxos de Negros e axudou á unión dos exiliados galegos.

O froito desa unión é a Casa de Galicia de Nova York por exemplo. Castelao, marcharía cara a Bos Aires cos "Vellos non deben de namorarse" na maleta e sabendo xa naquel momento que non podería regresar á súa Galicia. Xa non volvería a Nova York tampouco. Foron só dous anos, pero deixaron unha pegada fonda no seu legado.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí