CRTVG

Buscar

Homenaxe a Buesa e o seu escolta ao cumprirse 20 anos dos seus asasinatos

Publicado o 22/02/2020 20:51

Familiares e amigos do político socialista vasco, Fernando Buesa e do seu escolta, Jorge Díez, reuníronse hoxe en Vitoria para lembralos e homenaxealos, ao cumprirse vinte anos dos seus asasinatos pola banda terrorista ETA.

Durante a ofrenda floral, a viuva de Buesa e a nai de Díez estiveron acompañadas de numerosos amigos e dunha ampla representación dos socialistas vascos, coa secretaria xeral, Idoa Mendia, á fronte, así como de todas as formacións políticas con representación no Parlamento de Vitoria.

Entre os asistentes, o líder do PP do País Vasco, Alfonso Alonso, que non quixo valorar o acordo de coalición suscrito polo seu partido con Ciudadanos para as eleccións do 5 de abril. Alonso convocou a dirección do PP vasco para este luns.

Noticias web

22/02/2020