CRTVG

Buscar

Homenaxe a Begoña Caamaño

Publicado o 24/10/2015 20:52

Cúmprese o primeiro ano do pasamento da compañeira da Radio Galega

A de hoxe foi unha xornada de lembranza e recoñecemento á escritora e compañeira da Radio Galega, Begoña Caamaño, cando se cumpre o primeiro ano do seu pasamento.

Unha mesa redonda sobre "sororidade" na Fundación Granell e un acto no Teatro Principal congregarán ducias de artistas e achegados da escritora.  A tarde comezou cun encontro sobre o feminismo e o empoderamento na procura dun mundo máis libre e máis xusto para as mulleres. Arestora, no Teatro Principal, unha trintena de artistas fan memoria con música e creacións videográficas con Begoña sempre como protagonista

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2015