CRTVG

Buscar

Holanda mantén in extremis o toque de recollida ata o venres

Publicado o 17/02/2021 15:33

Xa lles contamos varios días os problemas que están tendo algunhas comunidades para manter as restricións contra a covid. Euskadi, por exemplo tivo que reabrir a hostalería por decisión xudicial, ou Castela e León. 

En Holanda o Goberno tamén ten problemas para que a xustiza non lle tire abaixo as medidas anticovid. De momento conseguiu manter, polo menos ata o venres, o toque de queda. Un tribunal anulara esta medida e déralle a razón a un grupo negacionista do coronavirus. 

Un tribunal da Haia ordenara levantar de inmediato o toque de queda. Consideraron que a pandemia non pode cualificarse de situación de emerxencia. Foi unha vitoria momentánea das organizacións negacionistas, despois dos violentos disturbios de hai unhas semanas. Pero o Goberno en funcións conseguiu in extremis recorrer esta decisión e gañar tempo ata o venres, onde se decidirá se esa apelación é válida. 

Noticias web

17/02/2021