CRTVG

Buscar

Holanda cambia e a partir de 2020 será só Países Baixos

Publicado o 27/12/2019 09:41

Os Países Baixos deixarán de usar o nome de Holanda para referirse ao conxunto da nación.

Na realidade, Holanda son só dúas provincias, e as autoridades consideran que esa denominación está demasiado asociada ao distrito vermello de Amsterdam, á prostitución e ao consumo de marihuana.

Buscan así cambiar a súa imaxe internacional e promover o turismo utilizando a denominación oficial do país, Países Baixos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/12/2019