CRTVG

Buscar

Holanda aproba unha lei que converte todos os cidadáns en doadores de órganos

Publicado o 14/02/2018 14:57

Polémica en Holanda pola última lei aprobada no Parlamento. Converte todos os holandeses en doadores de órganos agás que especifiquen o contrario. A partir de agora, todos os holandeses maiores de 18 anos recibirán varias notificacións para formalizar por escrito se queren ser doadores de órganos. Se non responden, o Goberno entende por defecto que non se opoñen.

A lei obriga a especificar expresamente que non se quere ser doante. Só os familiares poderían ter a última palabra se o cidadán non concreta a súa vontade, e se son capaces de demostrar que a persoa non quería doar os seus órganos. A lei entrará en vigor en 2020, despois de que este martes se aprobase o último trámite no Senado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018