CRTVG

Buscar

Hizbulá di que as tropas dos EUA deben abandonar Oriente Medio "vivas ou mortas"

Publicado o 12/01/2020 20:53

O líder do grupo xiíta libanés Hizbulá advertiu que as tropas dos Estados Unidos en Oriente Medio deben abandonar a rexión "vivas ou mortas" nas próximas semanas.

Subliñou que aínda que digan que o mundo é máis seguro desde a morte de Soleimaní, van descubrir que están equivocados.

Trump afirmou esta fin de semana que Soleimaní planeaba atacar catro embaixadas, pero o seu secretario de Defensa admitiu hoxe que non tiñan probas, aínda que puntualizou que el tamén o cría.

Trump escribiu nas últimas horas un chío exhortando a Irán a non matar os seus manifestantes, en referencia ás protestas da pobación ao saber que foi Irán quen derribou o avión de pasaxeiros ucraíno no que morreron 176 persoas.

No parlamento iraniano varios deputados propuxeron expulsar o embaixador británico do país.
As autoridades retivérono onte durante uns minutos despois de que asistira a unha vixilia polos mortos no avión, que acabou en protesta.

Un grupo de manifestantes tamén se concentrou ante a embaixada do Reino Unido para esixir o seu peche.

Noticias web

12/01/2020