Telexornal Serán

Histórica manifestación do independentismo catalán na celebración da Diada

Publicado o 11/09/2012 21:23
O presidente Artus Mass non acudiu aínda que si estiveron nove dos once conselleiros do seu executivo
Por parte de Galicia puidose ver ao reprensentante do Bloque, Guillerme Vázquez trala pancarta de Esquerra Republicana de Cataluña. No transcurso da manifestación queimáronse bandeiras españolas. Baixo o lema de "Cataluña, novo Estado de Europa" botou a andar a manifestación independentista, convocada pola Asemblea Nacional Catalá. Pero pouco andou, xa que unha masa inxente de xente abarrotou o percorrido converténdose nunha concentración sen avance algun. As consignas de Independencia entre as reclamas nacionalistas e os berros antiespañois acompañaron as moitas bandeiras independentistas que luciron no percorrido. Máis que nunca os catalans sairon á rúa para reclamar a independencia da súa autonomía. Entre os asistentes figuran o ex-presidente da Generalitat, Jordi Pujol e o alcalde de Barcelona e nove dos once conselleiros do goberno catalán. Trala pancarta de Esquerra Republicana estaba o voceiro do Bloque Guillerme Vázquez.
Compartir en Facebook
Valoración
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí.

Telexornal Serán do 11/09/2012