CRTVG

Buscar

Hijos de Rivera supera os 500 millóns de facturación en 2018

Publicado o 06/05/2019 16:58

Hijos de Rivera continúa gañando terreo no mercado nacional. A cervexeira eleva o seu beneficio por riba do vinte por cento e pecha con máis de 500 millóns de euros de facturación.

Precisamene esa era a meta fixada para o 2018, e a cervexeira galega Hijos de Rivera conseguiuno, o que supón un crecemento do nove por cento con relación ao exercicio anterior. Pero aínda aspiran a mellorar estas cifras dobrando as vendas internacionais nos próximos tres anos. E din que saben cal é a receita para conseguilo. 

"Seguir sendo diferentes, seguir mantendo o noso espírito e se podemos afastarnos máis coa nosa proposta, e para iso estamos propoñendo moitas ideas e iniciativas", di Ignacio Rivera, conselleiro delegado da empresa cervexeira.

A curto prazo buscan consolidar a súa expansión por Europa e América, aínda que coa vista posta xa en Asia e África. 2018 tamén rematou para a compañía con case 309 millóns de litros de cervexa producidos, un once por cento máis que en 2017.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/05/2019