CRTVG

Buscar

Hijos de Rivera merca o 49% de Nortada, unha marca de cervexas do Porto

Publicado o 24/09/2019 15:51

A cervexa Nortada é famosa no Porto por ser unha bebida artesanal recente, pero con gran proxección. A fábrica está situada en pleno centro, e no acceso á rúa contan cunha cervexería que é difícil ver baleira, tanto pola calidade do produto como pola estética moderna que tanto atrae os turistas.

A marca é nova, Nortada naceu no 2016, pero a súa produción este ano rozará os 600.000 litros e agardan alcanzar 2 millóns de euros de facturación. Dende Hijos de Rivera ven Nortada como un aliado natural porque comparten a filosofía de negocio: o espírito artesán céntrano en elaborar o mellor produto posible con ingredientes naturais.

Dende a cervexeira portuguesa din que este novo ciclo lles permitirá consolidarse en Portugal, desembarcar no estranxeiro e contar coa experiencia dunha das grandes produtoras de cervexa de Europa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019