CRTVG

Buscar

Hifas da Terra recibe o premio Alimentos España 2016 á produción ecolóxica

Publicado o 05/10/2017 21:40

A empresa galega Hifas da Terra acaba de recibir o premio Alimentos de España 2016 á produción ecolóxica. O galardón, entregado polo Ministerio de Agricultura, recoñece a excelencia dos seus produtos e a súa aposta pola innovación continua.

A primeira vista parece unha tenda de cogomelos. Pero Hifas da Terra é en realidade un gran proxecto científico. Unha empresa que tivo claro dende os comezos que o futuro estaba na investigación. Esta filosofía permítelle ter hoxe no mercado os produtos máis innovadores e un longo historial de premios. O último recoñece a súa capacidade de innovar respectando o medio natural. De cogomelos e árbores pasaron á alimentación gourmet, a complementos alimenticios, a unha liña de cosmética e agora exploran con éxito a vía sanitaria. Outro dos últimos retos é usar os cogomelos para restaurar solos contaminados. Precisamente o premio que acaban de recibir, recoñece tamén a contribución desta empresa á conservación das nosas fragas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017