CRTVG

Buscar

Henry Ellenson, un comodín para o Obradoiro cun gran tiro exterior

Publicado o 23/08/2021 16:13

Máis presentacións no Monbus Obradoiro. Hoxe tocoulle a Henry Ellenson.

Ala-pivote estadounidense de 24 anos. Mide 2,08 e procede dos Raptors Mississauga, na G League, 21 puntos e 8 rebotes de media por partido. Foi elixido no posto 18 no draft da NBA en 2016.

Un xogador polivalente, capaz de xogar no poste baixo e cun excelente tiro exterior. O Obradoiro será a primeira experiencia europea para Henry Elleson:

"Teño a oportunidade de xogar na ACB. Creo que era algo que, neste punto da miña carreira, quería. É xogar no máximo nivel".

Sobre as virtudes do xogador, o director xeral do Obradoiro José Luis Mateo destacou a súa polivalencia no campo: "Pode xogar nas dúas posicións interiores e ademais o tiro exterior é a súa mellor calidade".

Noticias web

23/08/2021