Helena Muñoz e Xesús Vázquez, elixidos como senadores autonómicos polo PP
Publicado o 21/06/2019 19:16
O Partido Popular deu a coñecer hoxe o nome dos dous senadores de designación autonómica que lle corresponden. Helena Muñoz e Xesús Vázquez son os elixidos. O Partido Popular destacou a experiencia e traxectoria dos dous ex-conselleiros e candidatos ás alcaldías de Vigo e Ourense. O PP, como partido maioritario no Parlamento galego, ten dereito a designar dúas persoas para o Senado. Os nomeamentos ratificaranse no pleno do vindeiro martes.