CRTVG

Buscar

Héctor Hernández: "Desde o principio non fomos conscientes de que estabamos a xogar en 2ªB"

Publicado o 23/02/2021 17:18

• O xogador do Deportivo engadiu: "Todos pensabamos: imos chegar frescos para as roldas eliminatorias, imos pasar a primeira fase coa gorra"

A situación actual do Deportivo tras afastarse dos postos de ascenso a Segunda División, xerou moitas críticas e enfados entre a afección. Héctor Hernández dixo: "Pensabamos que o Deportivo ía estar un ano en Segunda B e ía subir ao lugar que merece, que é o fútbol profesional. Pero esta categoría é moi difícil, tes que xogar contra moitos equipos, moitas superficies nas que non estás afeito", ao que engadiu: "Todos pensabamos que iamos pasar a primeira fase coa gorra, pero démonos conta de que hai un rival cada domingo, campos nos que non estás habituado, superficies que non son cómodas, etc. Igual nos decatamos un pouco tarde".

 

Noticias web

23/02/2021