Héctor Cajaraville: "A palabra 'compromiso' é a que máis representa a Carvalho Calero"
O 17 de maio, Galicia celebra o día das Letras Galegas que este ano homenaxea a Ricardo Carvalho Calera. Hoxe queremos achegarnos a esta figura das letras galegas desde a visión do oprofesor Héctor Cajaraville.
Cajaraville quixo poñer en valor e achegar a vida e a obra do escritor ferrolán a un lector máis novo a través do libro titulado "Ricardo Carvalho Calero, a pegada do compromiso".
O profesor Carajaville di que se achegou a Calhero desde desdo polo que ve na súa figura "moitas virtudes que non coñecía. Fun descubrindo un home que tiña unha traxectoria literaria, académica e profesional amplísima e tiven dificultades para escoller un tíltulo pero sabía que tiña que ter a palabra 'compromiso' porque é a que máis o representa. Sempre tomaba as rendas do que había que facer en vez de esperar a que outros o fixesen".
"Estivo detido desde o 39 ao 41 no carcere. E despois estivo recluído na súa casa porque a dictadura non tiña cárceres para tanto recluso", explica Cajaraville falando do distanciamento co resto da intelectalidade. Un distanciamento diferente ao que se produciu despois na Transición que se debeu, segundo o profesor a que "apostou por unha variante da lingua de aproximación ao portugués, o resto dos implicados nesa época non defenderon".
Carballo é necesario para nosa cultura porque "fixo cousas que ninguén fixera antes", afirma Cajarville. "El foi o autor da primeira novela que se publicou en galego na posguerra, A xente da barreira, e ten unha das mellores obras da nosa literatura, Escorpio, e fixo a primeira gramática da lingua galega con criterios científicos; había algunha anterior, pero unha gramática seria como a que el fixo non existía e fíxoa practicamente en solitario". Estes son algúns dos argumentos de Héctor Cajaraville para reivindicar a figura de Ricardo Carvalho Calero.