CRTVG

Buscar

Hazard, a fichaxe estrela do Real Madrid

Publicado o 14/06/2019 17:11

E o Santiago Bernabeu aplaudiu a Hazard. Posta en escena do belga como gusta a Florentino Pérez. Ao grande.
Florentino Pérez arma novo proxecto movendo Roma con Santiago para atraer todo o talento disponible no mercado baixo unha premisa de seu.

Eden Hazard foi recibido por cincuenta mil afeccionados brancos no Bernabéu convencidos de que o primeiro paso para o triunfo do xogador belga xa está dado ao ser un xogador diferente.

Con vinteoito anos Hazard chega ao Real Madrid tras ir conformando a súa fama de xogador determinante, e de futbolista top, no Lille francés e maiormente no Chelsea. Mais, os soños, soños son.

Avaliado por Zidane como peza clave do seu novo proxecto, Hazard aínda non ten número na camisola; se acaso unha metáfora do que lle queda por diante para pasar das promesas aos feitos. Primeiro aviso: Luka Modric non lle quiso emprestar o número dez da súa elástica.

 

Noticias web

14/06/2019