CRTVG

Buscar

Zigzag Diario

Hans Christian Andersen naceu un 2 de abril de 1805

Publicado o 02/04/2018 17:06

Hans Chirstian Andersen naceu o 2 de abril de 1805. Era fillo dun zapateiro e dunha lavandeira e tivo unha infancia tan pobre que en máis dunha ocasión viuse forzado a mendigar. Cando tiña once anos morreu o seu pai e el tivo que deixar a escola.

Despois de moitas peripecias e dun intento errado de converterse en cantante de opera, con 21 anos enpeza a publicar con máis pena ca gloria as súas primeiras obras, poemas e novelas principalmente. Aínda así, con 33 xa era un escritor asentado grazas á fama que ían adquirindo os seus contos.

Aínda que non lle interesaban moito, os seus contos déronlle a inmortalidade literaria: 'O parrulo feo', 'A sereíña', 'O soldadiño de chumbo', 'O traxe novo do emperador', 'Polgarciña' ou 'A princesa e o chícharo' foron traducidas a máis de 80 idiomas e adaptados a obras de teatro, ballets, películas e, sobre todo, debuxos animados.

Zigzag Diario

02/04/2018