CRTVG

Buscar

Hai un ano o coronavirus deixou de parecernos algo afastado

Publicado o 15/03/2021 16:46

Nun mundo onde se promovía moito iso de ter experiencias, hai un ano tocounos experimentar algo que nun principio nos parecera moi exótico. "Como era na China, viámolo moi lonxe".

A experiencia da pandemia deixábanos claro que a globalización achica espazo para o exotismos.

O estrito confinamento fixo máis evidente o que son os servizos esenciais e o esforzo dos que se mantiñan nos seus postos, pese a todo. Pero o esforzo foi grande tamén para os que tiveron que parar. 

Á hora de facer balance da deste ano de 'experiencia', hai quen prefire quedar co que puido vivir de bo pola pandemia.

"A relación familiar que foi máis intensa". "Se vivísemos normal coma antes, non estariamos tanto tempo xuntos".

Noticias web

15/03/2021