CRTVG

Buscar

A doutora que diagnosticou o primeiro caso de covid de Galicia: "Aquilo non era normal"

Publicado o 04/03/2021 15:12

Fai hoxe un ano exactamente que se detectaba en Galicia o primeiro caso de coronavirus. Foi na Coruña, onde chegou procedente de Madrid, un home que concertara unha entrevista de traballo na capital herculina. Atopouse indisposto e acudíu ao CHUAC. 

Ana comezaba a súa quenda en Urxencias e ao ver a imaxe da radiografía daquel paciente, sospeitou que podería tratarse dunha infección por covid.

"Atopeime cunha pneumonía bilateral que nunha persoa sa e nova que daquela non era normal", explica Ana García Trincado, doutora que atendeu o caso cero no CHUAC.

Solicitou unha PCR e non souberon o resultado ata dous días despois. Era positivo. O primeiro en Galicia.

"Ao principio foi duro, pero serviunos para coller ritmo e buscar o xeito de preparar o hospital para o que viña. O confinamento que houbo a nivel nacional a nós colleunos con poucos casos e serviunos para ir preparándonos e tamén o hospital", engade García Trincado.

Desde aquel primeiro caso pasou un ano, pero aínda hai quen cre que isto non vai con eles.

"A eles faríalles unha visita guiada polas unidades de críticos para que vexan como está a situación e que isto non é o que nos contaron ao comezo", engade García Trincado. 

Di que a vacina lle dá tranquilidade. Confía en que axiña a meirande parte da poboación xa a teña posta e que a noticia sexa o último caso do coronavirus.

Noticias web

04/03/2021