CRTVG

Buscar

Hai seis empresas interesadas en Alcoa, pero ningunha oferta firme

Publicado o 28/05/2019 16:32

Os sindicatos de Alcoa critican as condicións da nova poxa eléctrica aprobada polo Goberno. Din que é deficitaria e lamentan que este recorte chegue na mesma semana en que remata o prazo para que os posibles compradores das fábricas da Coruña e de Avilés asinen unha oferta vinculante de compra.

Neste momento seis investidores pediron información, pero ningún presentou unha oferta vinculante para facerse coas fábricas. E o prazo remata o venres. E unha preocupación máis compartida pola Xunta: aínda non hai un estatuto que garanta un prezo eléctrico estable e competitivo. O Goberno galego di que se está poñendo en perigo non só o futuro de Alcoa na Coruña e en Avilés, tamén o de Alcoa en San Cibrao e o das outras empresas electrointensivas.
 

Noticias web

28/05/2019