Hai reunións pero ningún avance sobre quen gobernará Ourense
Publicado o 05/06/2019 13:25
En Ourense parece que se resisten os pactos. O partido máis votado, o PSOE, tiña que reunirse con Pérez Jácome, pero parece ser que o líder de Democracia Ourensana suspendeu a reunión. Jácome non se quere pronunciar e os socialistas tampouco. Mentres, os nacionalistas apoian a Villarino, pero non entenderían un pacto con Jácome.
Pola súa parte, Xesús Vázquez avanzou que manterá un encontro cos socialistas este venres. Di que a cidade precisa dun goberno de maiorías.
Poucos avances nunha difícil negociación cando faltan menos de quince días para que se constitúa a corporación municipal.