CRTVG

Buscar

Hai poucas máscaras e a prezos máis elevados

Publicado o 07/04/2020 14:47

A xente amoréase, gardando a distancia de seguridade, ás portas desta farmacia de Lugo. Aquí conseguiron facerse cun pedido de máscaras, pero dispensan só dúas por persoa. Dispoñen só das máscaras cirúrxicas, as máis sinxelas, pero a elevada demanda a nivel mundial fixo que os prezos se dispararan.

O posible impulso do seu uso xeneralizado volveu disparar a súa demanda, pero moitas farmacias están desabastecidas e colgan xa carteis para evitar esperas en balde.

Agardan que pouco a pouco se recupere a subministración, tal e como aconteceu con xeles hidroalcólicos.

Noticias web

07/04/2020