CRTVG

Buscar

Hai pequenos xestos que nos poden axudar a previr os contaxios

Publicado o 22/10/2020 14:05

O uso da máscara é obrigatorio, pero para que sexa eficaz debemos poñela ben. É importante axustala e que cubra boca e nariz.

Cando imos ao baño, ademais da hixiene das mans, é aconsellable baixar a tapa do inodoro antes de descargar a cisterna.

Os espazos ao aire libre son preferibles aos interiores para desenvolver calquera actividade: desde facer deporte a tomar algo nun bar. Nos interiores é fundamental a ventilación.

E que pasa cos sistemas de aire acondicionado?

No coche tamén debemos configurar o aire acondicionado para que non recicle o do interior. E se viaxamos con persoas non conviventes, levar máscara e a ser posible as ventás baixadas.
Sempre é máis saudable usar as escaleiras en vez do ascensor. Pero de ter que utilizalo, a ser posible facelo de xeito individual e tomando precaucións.

Esas mesmas precaucións son extrapolables cando utilizamos unha máquina expendedora ou un caixeiro automático.

Noticias web

22/10/2020