Hai once aldeas modelo en Galicia, oito en Ourense
Publicado o 03/03/2020 20:52
Están case finalizados os traballos de roza en Trabazón.
Nesta localidade do concello ourensán do Irixo vive todo o ano unha soa familia e o territorio estaba a monte. Para a súa declaración como aldea modelo puxéronse de acordo unha trintena de propietarios de 220 parcelas para poñelas a producir.
Avánzase, ademais, na constitución dunha agrupación de xestión forestal conxunta para que os beneficios sexan económicos, ambientais e sociais.
A día de hoxe hai declaradas en Galicia once aldeas modelo, oito delas en Ourense. Outras 20 están en tramitación.