CRTVG

Buscar

Hai medio cento de contaxiados co Covid-19 en España, todos evolucionan ben

Publicado o 29/02/2020 15:06

Xa son 50 os infectados co coronavirus Covid-19 detectados en España, pero todos parecen estar evolucionando ben. Aínda que as autoridades seguen a investigar a orixe dalgúns dos contaxios, aseguran que os tranquiliza que non se detectaran brotes aquí.

Nas últimas horas sóubose de máis dunha ducia de novos contaxiados en España, todos en comunidades onde xa había positivos. Contando os dous primeiros pacientes que recibiran a alta na Gomera e nas Baleares, ata agora detectáronse medio cento de infectados.

A maioría dos casos están relacionados con viaxes a Italia, pero hai afectados que non se moveron de España e seguen as investigacións para saber como colleron o virus. As autoridades sanitarias consideran que a día de hoxe non hai razóns para suspender ningún evento, como é o caso das fallas.

Neste momento os positivos en España distribúense por oito comunidades, en Galicia non se detectou ningún caso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/02/2020