CRTVG

Buscar

Hai dez séculos de memoria no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago

Publicado o 06/07/2021 20:59

Falamos de memoria custodiada.

"Sen documentos non hai memoria", di  director do Arquivo Histórico Diocesano de Santiago. E hai seis millóns de documentos catalogados, cinco quilómetros de estantes no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago.

"Temos documentos dende o século X. Actas de bautismos, casamentos, defuncións...", relata Monseñor Salvador Domato. E custodian tamén bulas papais, foros e outros tipos de volumes. "As memorias dun cóengo de Santiago que fai un percorrido por toda a diocese e vai tomando nota de cada parroquia, os fregueses que ten, canto pagan, cantos nenos hai, etc.".

Fumigan, limpan e restauran os documentos que entran e que calquera pode consultar. "Agora fundamentalmente búscanse asuntos xenealóxicos".

O colectivo da emigración é dos que máis acoden ao arquivo. "Galegos que están emigrados ou que estiveron os seus maiores, e temos aquí documentación que lles pode interesar".

Gardan aquí mesmo as fichas dos que emigraban en barco.
 

Noticias web

06/07/2021